O PP de Monforte esixe solucións urxentes para Distriz e Piñeira

O PP denuncia que os veciños levan un mes incomunicados debido a obras non rematadas.Foto GPPP.

O Grupo Municipal do PP de Monforte criticou a falta de xestión do alcalde, José Tomé, ante a situación de incomunicación das parroquias de Distriz e Piñeira. As obras de arranxo da estrada que conecta ambas as parroquias iniciáronse hai un mes, pero levan paralizadas desde entón. A voceira popular, Katy Varela, denunciou que os veciños se atopan con acceso interrompido tanto ao polígono como á estrada de Sober debido á falta de remate das obras, que só precisan a instalación de arquetas para restablecer a normalidade.
Varela subliñou o descontento dos veciños, que se ven obrigados a sufrir as consecuencias dunha obra inconclusa. Ademais, acusou a Tomé de ser “sectario” e de non atender as necesidades de todos os veciños por igual. Durante o pleno deste mes, o Grupo Municipal do PP tamén demandou unha desculpa pública do alcalde aos veciños da Florida, tras o seu trato despectivo ás súas reclamacións de mellora da seguridade viaria na zona.
O PP exixe que o alcalde actúe de inmediato para reparar a estrada e que se disculpe cos veciños aos que lles faltou ao respecto, insistindo na importancia de atender as súas xustas peticións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Gómez Besteiro reivindica en Monforte o impulso dos gobernos socialistas ás infraestruturas en Galicia

Seguinte Nova

A D.O. Ribeira Sacra debuta na Barcelona Wine Week

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss