«Queremos Galego» convoca manifestación para reclamar unha lingua vital

A plataforma denuncia a falta de transparencia na reactivación do Plan Xeral de Normalización Lingüística e rexeita os últimos movementos da Xunta en materia lingüística. Foto GPMNL.

A plataforma Queremos Galego anunciou a convocatoria dunha manifestación que terá lugar o 23 de febreiro en Santiago de Compostela, co lema Lingua vital xa!. A mobilización sairá ás 12 horas da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro, onde se celebrará unha actuación musical. A cidadanía está chamada a unirse a esta protesta no día de Rosalía, para transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora e garantir a supervivencia do galego.
Na presentación, realizada esta mañá, participaron representantes de máis de 20 entidades culturais, sociais e políticas. A coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, destacou que a lingua é fundamental para a identidade galega e chamou a unha mobilización cidadá que impulsione un cambio real. A plataforma denuncia que a recente proposta de modificación do PXNLG por parte da Xunta só busca rebaixar as medidas de protección do galego, facendo imposible avanzar na súa normalización.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha a renovación o Plan xeral de normalización do galego

Seguinte Nova

O Colexio de Xornalistas reclama medidas valentes para garantir o futuro do galego nos medios

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio