
O Campo da Feira de Sarria acollerá o 15 de febreiro a XVII Festa do Cocido do Porco Celta, onde trece comensais por mesa compartirán un completo menú con sopa e cocido tradicional: chourizos, lacón, soá, butelo, grelos, patacas e garavanzos. O queixo con marmelo e o café de pucheiro completarán o festín.
A profesora e catedrática da USC, Rosaura Leis, será a encargada de ler o pregón. Ademais os restaurantes Cinza e Lume e Roma ofrecerán o cocido, e a Cervecería Don Pepe e a Taberna D’Orixe presentarán tapas especiais. As reservas pódense facer no 982 535 000.•