
A Xunta de Galicia financia con 220.000 euros o novo Programa Integrado de Emprego impulsado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) en Lugo e Monforte de Lemos. A iniciativa, que se desenvolverá ata outubro, busca mellorar a capacitación de 100 persoas desempregadas a través de formación específica no sector.
O programa inclúe cursos de cociña, camareiro, manipulación de alimentos e inglés básico para hostalería, ademais de talleres sobre entrevistas, emprendemento e novas tecnoloxías. Tamén se realizarán prácticas en empresas, co obxectivo de acadar unha inserción laboral do 45 %.•