A Xunta destina máis de 8 millóns en axudas para impulsar a economía social

Os programas Aprol Economía Social, Bono Consolida e os apoios ás entidades asociativas buscan fortalecer o emprego e a competitividade do sector.

Co programa Aprol Economía Social e o Bono consolida economía social, as entidades asociativas poderán sufragar os seus gastos de funcionamento. Foto Envato.

Está aberto o prazo para acceder a diferentes liñas de axuda destinadas a fortalecer a economía social, cun investimento total superior aos 8 millóns de euros. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a creación e consolidación de entidades dentro deste sector, mellorando a súa competitividade e promovendo un modelo de emprego inclusivo e sustentable, especialmente no ámbito rural.
Entre as convocatorias dispoñibles atópase o programa Aprol Economía Social, dotado con 5 millóns de euros e cun prazo de solicitude aberto ata o 16 de setembro. A finalidade deste plan é impulsar o emprendemento e favorecer a consolidación de proxectos que contribúan á vertebración do territorio, apostando por un crecemento equilibrado e sostible.
Outra das liñas de axuda activas é o Bono Consolida, cun orzamento de máis de 2,7 millóns de euros, destinado a reforzar a presenza das entidades da economía social no tecido produtivo galego. A través desta iniciativa, búscase potenciar a transformación dixital e a eficiencia enerxética nas organizacións do sector, ao tempo que se promove a xeración e o mantemento de empregos de calidade.
Así mesmo, están dispoñibles axudas específicas para as entidades asociativas máis representativas da economía social en Galicia. Cunha dotación de 330.000 euros e prazo aberto ata o 4 de marzo, estas subvencións están dirixidas a sufragar os gastos de funcionamento destas organizacións, facilitando o desenvolvemento das súas actividades e servizos.
Mantense a aposta pola difusión do cooperativismo a través de iniciativas como o certame de Cooperativismo no Ensino e os Premios á Cooperación. Ambas as convocatorias, que teñen como obxectivo recoñecer boas prácticas e fomentar os valores da economía social, están abertas ata o 30 de abril. Este ano, a súa celebración coincide co Ano Internacional das Cooperativas, que ten como lema As cooperativas constrúen un mundo mellor.
A economía social en Galicia segue a medrar, cun total de máis de 3.500 entidades activas, entre cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Durante o último ano, creáronse 230 novas entidades, que implicaron a incorporación de preto de 600 novas persoas socias promotoras, das cales a metade son mulleres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ENTREVISTA A SOFÍA GUILARTE (guitarrista, cantante, arreglista, compositora e produtora musical)

Seguinte Nova

As empresas forestais xa poden solicitar axudas para equipamento e nova maquinaria

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss