As empresas forestais xa poden solicitar axudas para equipamento e nova maquinaria

Estas axudas pretenden modernizar o sector forestal en Galicia, que conta con máis de 3.000 empresas. Foto Envato.

A Xunta de Galicia abriu este xoves o prazo para que as empresas do sector forestal poidan solicitar as novas axudas destinadas á modernización das instalacións e á adquisición de maquinaria avanzada. A convocatoria, xestionada pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), conta cun orzamento de 10 millóns de euros para o período 2025-2026, con subvencións que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira (LugoMadera), que agrupa 272 empresas lucenses, o 48% do total galego. Durante o encontro, abordáronse os retos do sector e destacouse a importancia da investigación forestal e a mellora xenética dos recursos.
A convocatoria inclúe cinco liñas de axuda: adquisición de maquinaria para tratamentos silvícolas; medición de masas forestais; comercialización da castaña e da resina; compra de equipos portátiles e sistemas de clasificación automática da madeira; e unha nova liña para a medición e trazabilidade do inventario forestal. O obxectivo é reforzar a competitividade dun sector que representa o 12% do emprego industrial en Galicia, con máis de 3.000 empresas e unha facturación que supera os 2.400 millóns de euros anuais.
Lorenzana destacou a necesidade de reforzar as cadeas de valor dentro da comunidade, garantindo que os recursos forestais galegos xeren emprego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destina máis de 8 millóns en axudas para impulsar a economía social

Seguinte Nova

XXXIII Festa do Caldo de Ósos

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss