
A mostra «Auga. O sangue da terra» de Manuel Valcárcel pode visitarse no Espazo +60 de Afundación en Monforte ata o 26 de marzo. A exposición reúne impactantes imaxes tomadas en lugares como Nova Celandia, o río Ganges, China ou o deserto de Atacama, ofrecendo unha reflexión sobre o uso da auga e a súa influencia en paisaxes, culturas e ecosistemas. Na imaxe, no acto de inauguración da exposición, o autor Manuel Valcárcel.