Chantada acolle o curso “Fibranzas. Laboratorio de Fibras Vexetais”

O programa, que se desenvolverá ata decembro de 2025, está centrado na transmisión de técnicas tradicionais de cestería e busca promover os oficios artesanais

O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia asistiron en San Cristovo de Mouricios ao inicio desta formación, na que colaboran Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta. Foto GPXG.

Chantada iniciou esta semana un novo curso, Fibranzas. Laboratorio de Fibras Vexetais, no que se abordarán as técnicas artesanais máis representativas do traballo coas fibras vexetais. Este curso, que se enmarca no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas impulsado pola Xunta, conta coa colaboración de profesionais recoñecidos do sector e está destinado á formación e transmisión de saberes tradicionais como a cestería e o traballo con palla.
Consta de catro módulos e desenvolverase entre os meses de febreiro e decembro de 2025. O primeiro módulo está dedicado á obtención de fibras vexetais, cunha especial atención ao cultivo agroecolóxico do vimbio. A formación estará a cargo de Idoia Cuesta, Premio Artesanía de Galicia 2021, xunto co especialista Marcos Besada. Os módulos seguintes centraranse na cestería tradicional, no deseño de produto e na produción artística, coa participación de expertos nacionais e internacionais.
Entre os profesionais que participarán, destaca o cesteiro Enrique Táboas, que guiará a formación sobre cestería de láminas de castiñeiro, así como os deseñadores internacionais Jette Mellgren e Jan Johansen, que se adentrarán na arte da paisaxe e na creación de estruturas que interactúan coa contorna.
O curso tamén contará coa presenza de Álvaro M. Leiro, Premio Nacional de Artesanía do ano 2023, que se encargará do módulo de cestería de colmo, unha técnica artesanal tradicional galega. Este curso, levarase a cabo no Espacio Vilaseco de Chantada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada celebra a XLII edición da súa Feira do Viño do 7 ao 9 de marzo

Seguinte Nova

Por Chantada esixe melloras no Servizo de Axuda no Fogar

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss