Chantada celebra a XLII edición da súa Feira do Viño do 7 ao 9 de marzo

O concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez, acompañado por representantes dos adegueiros e membros da organización da Feira. Foto GPCCH.

A Feira do Viño de Chantada celebra este ano a súa XLII edición, que terá lugar do 7 ao 9 de marzo e dará o pistoletazo de saída ás Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra. O evento, que se celebrará na carpa instalada na Avda. de Monforte, contará coa participación de 15 adegas do municipio. Este ano, a organización introduce novidades no formato, como a incorporación dunha carpa dedicada á exposición e venda de produtos gastronómicos. A feira abrirá as súas portas o venres 7 de marzo ás 20:00 h. co inicio das actividades de degustación nos postos das adegas participantes. A noite estará animada pola música do grupo América, que subirá ao escenario ás 23:30 h. O sábado 8 de marzo será un día repleto de actividades. Ás 10:00 h. celebrarase a cata oficial, un espazo clave para os profesionais do sector. Tamén haberá espazo para a música e a cultura popular, cunha actuación do grupo “Searas” ás 11:30 h. e a lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller ás 12:00 h. Ás 12:10 h. terá lugar a actuación da Agrupación Tradicional da Casa da Música, e ás 13:00 h., os asistentes poderán gozar do concerto da Banda de Música de Chantada. A xornada continuará cunha serie de actuacións nas que se inclúen as charangas “Union Phenosa”, “Festicultores Troupe” e “Searas”, que animarán a tarde a partir das 17:00 h. A IX Cata Popular, que terá lugar de 17:30 h a 19:00 h., é outra das citas máis agardadas, cun prezo de 5€ por entrada.
O domingo 9 de marzo, as actividades darán comezo ás 11:30 h. coas actuacións dos gaiteiros “Os Barrios” e a charanga “NBA”. Ás 13:00 h. terá lugar o pregón oficial da Feira, a cargo de José Luis Blanco Diéguez, natural de Chantada e CEO da empresa alemá Nordex. Despois do pregón, celebraranse os premios da XLII Feira do Viño, na carpa principal, ás 13:30 h. A xornada rematará coa actuación da Orquestra Compostela ás 21:00 h.
Ademais, o evento tamén contará cunha Ocioteca Infantil, na Casa da Música. O Auditorio Municipal acollerá o V Túnel do Viño.
Ademais, coincidirá coa Feira de oportunidades e a Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada.
O concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez convida a todo o mundo a asistir á primeira Feira do Viño da D.O. e confía en que a climatoloxía acompañe, “Esperamos que nesta ocasión teñamos mellor tempo que o ano pasado, en todo caso as persoas fieis á Feira, que cada ano son máis, veñen independentemente do clima. Cada ano acompáñanos máis xente para probar o viño das ribeiras de Chantada, iso quere dicir que tratamos ben á xente e que están desexando festexar os nosos viños”•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XVII Festa do Cocido do Porco Celta reúne a máis de 700 persoas

Seguinte Nova

Chantada acolle o curso “Fibranzas. Laboratorio de Fibras Vexetais”

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss