
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitou o CEIP Frei Luis de Granada en Sarria para comprobar o resultado das últimas obras realizadas no centro. O investimento de 51.700 euros permitiu ampliar as aulas de Educación Infantil e mellorar a zona cuberta do patio, ademais de realizar pequenas reformas na área de administración.
Arias explicou que estas actuacións teñen como obxectivo proporcionar maior comodidade ao alumnado, facilitando o uso do patio mesmo en días de choiva. Ademais, lembrou o delegado da Xunta en Lugo que o Goberno galego levou a cabo a rehabilitación integral do centro para reforzar a súa estrutura e mellorar a eficiencia enerxética, cunha inversión superior a 1,6 millóns de euros no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Este plan prevé a realización de preto de 200 intervencións nos próximos anos, cun orzamento de máis de 210 millóns de euros.•