O BNG consegue o compromiso no Parlamento para dotar dun mamógrafo ao Hospital no prazo dun mes

Iago Suárez

O Parlamento galego aprobou unha iniciativa do BNG para dotar o Hospital Comarcal de Monforte cun novo mamógrafo no prazo dun mes. O deputado nacionalista Iago Suárez, encargado de defender a proposta na Comisión de Sanidade, subliñou a urxencia da medida, pois afecta a pacientes de once concellos do sur de Lugo. Na súa intervención, advertiu de que a situación sanitaria na comarca é cada vez máis grave debido á falta de profesionais en servizos esenciais como pediatría, dixestivo, psiquiatría, rehabilitación, radioloxía e laboratorio. Tamén destacou que Monforte é o único hospital galego sen un médico específico para o servizo de Hospital a Domicilio (HADO), ao que se suman carencias de celadores e técnicos en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE).
Suárez denunciou que a xestión da sanidade na comarca leva anos deteriorándose, o que provocou mobilizacións de persoal sanitario e pacientes á porta do hospital para esixir solucións á Xunta. “Non é culpa dos profesionais, a culpa é dunha xestión deficiente que obriga a moitos a marchar fóra”, afirmou.
A proposición tamén incluía a demanda de garantir a cobertura das prazas vacantes no hospital, pero o acordo quedou condicionado á existencia de persoal sanitario dispoñible. Ademais, o Parlamento rexeitou outro punto da iniciativa que instaba a identificar as mulleres que se someteron a mamografías desde xuño para ofrecerlles repetir as probas, ante o risco de resultados erróneos.
Suárez puxo como exemplo o caso dunha paciente á que non se lle detectou un cancro nunha mamografía realizada en Monforte, pero que foi diagnosticada posteriormente en Lugo. Para o deputado, este feito evidencia a necesidade dun equipo en bo estado, pois os fallos do mamógrafo afectan directamente á saúde das mulleres da comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte esixe a dotación dun novo mamógrafo para o Hospital Comarcal

Seguinte Nova

Auga e conciencia ambiental noEspazo +60

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss