O Quiroga Trail Challenge reafirma o seu éxito cunha participación multitudinaria

Máis dun milleiro de participantes desfrutaron das impresionantes paisaxes do Xeoparque Montañas do Courel. Foto MONTERO.

A undécima edición do Quiroga Trail Challenge rematou con gran éxito cunha masiva participación de máis de 1250 corredores que percorreron os sendeiros do Xeoparque Montañas do Courel. O evento, que se consolidou como un referente no calendario deportivo da comarca, deu comezo co Trail do Castelo, que levou aos participantes a través de paisaxes de gran beleza, como o Pico Pía Páxaro, a fervenza de Vieiros ou as aldeas de A Seara, Parada Seca e Rugando. O clima favoreceu unha xornada ideal para o trail.
Na Ultra 83k, o vencedor foi David Álvarez Lorenzo, que rematou a proba cun tempo de 10 horas, 19 minutos e 28 segundos. Rubén Diéguez e José Manuel Gil completaron o podio masculino, mentres que na categoría feminina, Vanessa Pérez Castelao logrou o primeiro posto, seguida de Anabel Ruíz Gutiérrez e Ana M.ª Martínez Fernández.
Na Ultra 53k, os vencedores foron Fidel Fernández Varela, José Santiago Villar e David Porto Pérez. Na categoría feminina, o podio foi para Angels Llobera, Patricia Noya e Belén Rodríguez. Na Maratón, os vencedores foron Santiago Mezquita e Carolina Niño. No Trail, o primeiro posto foi para Jaime Romo e Alina Cimpean.
A modalidade de Minitrail tivo como vencedores a Eloy Martínez Faro e María Platero Prado. Na andaina de 17 km, os primeiros postos foron para Daniel Aipuru e María Díaz Prieto. A novidade desta edición, as «carreiriñas» de 10 km, tiveron a súa vitoria en Álvaro Soto Des e Saleta Pérez Fernández.
O domingo celebrouse o Trail do Lor, cun percorrido máis esixente, no que Javier Janeiro, Sebastían Reboreda e Iván Revoredo subiron ao podio masculino, mentres que Alina Cimpean, Sonia Méndez e Cristina Rodríguez fixeron o propio na clasificación feminina.
A entrega de premios foi realizada polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro. Tanto o alcalde como o concelleiro de deportes, Antonio Marcos, e os directores da proba, Blas Rodríguez e José Manuel Barreiro, expresaron o seu agradecemento a todos os participantes e colaboradores, destacando o espírito do Quiroga Trail Challenge. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Por Chantada esixe melloras no Servizo de Axuda no Fogar

Seguinte Nova

A Confraría do Viño de Quiroga investirá a novos confrades

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss