
O Servizo de Axuda no Fogar en Chantada segue facendo fronte a graves problemas de xestión, que afectan tanto ás traballadoras como ás persoas dependentes, segundo denuncias feitas polo sindicato CXT e a concelleira de Por Chantada, Helena Fernández. Denuncian que a situación empeorou ao longo do tempo, cunha notable precarización das condicións laborais. Unha das irregularidades máis denunciadas é a substitución de profesionais cualificados por traballadores sen titulación, o que infrinxiría a normativa vixente e podería ser considerado intrusismo profesional. Ademais, as ausencia de coordinadoras tituladas e a elevada taxa de baixas laborais dificultan o correcto funcionamento do servizo. O grupo Por Chantada reclama unha revisión do contrato e a súa posible remunicipalización, exixindo accións concretas por parte do goberno local.•