Taboada prepárase para unha nova edición da Festa do Caldo de Ósos

Carmen José López, directora xeral de Emprego e Comercio da Xunta de Galicia; Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación Provincial; e o alcalde de Taboada, Roi Rigueira. Foto GPFCOT.

A XXXIII Festa do Caldo de Ósos celebrarase en Taboada esta fin de semana, os días 1 e 2 de marzo, cunha ampla programación que combina gastronomía, cultura e recoñecemento ás mulleres do municipio. A festa foi presentada nun acto no que participaron representantes municipais e institucionais.
O domingo 2 de marzo será a xornada central da celebración, cunha degustación gratuíta do caldo na Praza de Riazón. Ademais, a hostalaría local ofrecerá un menú especial no que o caldo de ósos compartirá protagonismo con costela asada, filloas con mel, queixo con marmelo e viño da Ribeira Sacra.
A programación deste ano pon o foco na importancia do caldo como elemento identitario de Taboada. Durante a presentación, o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, destacou que a festa non é só un evento gastronómico, senón unha expresión do patrimonio cultural e inmaterial do municipio.
No acto participaron Carmen José López, directora xeral de Emprego e Comercio da Xunta de Galicia; Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación Provincial; e o alcalde de Taboada, Roi Rigueira. Todas as intervencións puxeron en valor o esforzo organizativo e a dedicación das mulleres de Taboada na preservación desta tradición.
O cartel obra de Rosa de Cabanas, foi eloxiado polos asistentes, e servirá de marco para unha das novidades destacadas: a exposición «As donas do Caldo de Ósos», que se inaugurará o sábado e recolle o traballo de catro fotógrafas retratando doce mulleres do municipio nas súa cociñas.
A pregoeira desta edición será Olga Novo, poeta e profesora, Premio Nacional de Poesía en 2020. Natural da Pobra do Brollón, Novo destacará no seu pregón o valor da memoria e da tradición como sinais de identidade.
A XXXIII Festa do Caldo de Ósos promete, un ano máis, converter a Taboada nun punto de encontro para veciñanza e visitantes que desexen gozar dunha fin de semana de tradición, sabor e cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Primeira Edición Cocido Gourmet

Seguinte Nova

Turismo de Galicia impulsa aplicacións móbiles para mellorar a experiencia dos viaxeiros

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss