Xunta e Concello de Bóveda colaboran na creación de emprego no rural

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e coa concelleira de Cultura do municipio, Cristina Juiz. Foto GPXG.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e coa concelleira de Cultura, Cristina Juiz, para avanzar na colaboración en materia de xeración de emprego. Destacouse a importancia da formación laboral, en especial a través dun obradoiro dual compartido con O Incio e Pobra do Brollón, cunha axuda de preto de 412.000 euros para capacitar unha vintena de persoas en operacións auxiliares en viveiros e xardíns.
Ademais, Bóveda recibe desde 2021 máis de 57.000 euros do programa Aprol Rural, que facilita a contratación de persoas desempregadas para tarefas de prevención de incendios e xestión forestal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra presenta o seu Plan Estratéxico

Seguinte Nova

A APEHL impulsa un programa de emprego na hostalería en Lugo e Monforte

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss