A Consellería de Vivenda e Infraestruturas licita as obras dunha glorieta en Doade

Executarase unha glorieta de 28 metros de diámetro á altura do quilómetro 12+780 desta vía, permitindo regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro. Foto GPXG.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia recibiu tres ofertas para a execución dunha glorieta na estrada LU-903, no concello de Sober, cun investimento de case 368.000€. O proxecto, que conta cun prazo de execución de seis meses, ten como principal obxectivo, mellorar a seguridade e a fluidez do tráfico na intersección entre a estrada autonómicaLU-903 e a estrada provincial LU-P-5903, á altura do punto quilómetro 12+780, na localidade de Doade. A intervención tamén contribuirá a reducir a velocidade dos vehículos na zona.
A glorieta terá un diámetro de 28 metros e permitirá regular de forma máis funcional e segura a circulación na contorna. A obra incluirá, ademais, a continuación das beirarrúas existentes cara á marxe dereita da estrada autonómica e cara á vía provincial. Nos tramos onde non se habilite beirarrúa, instalaranse gabias de seguridade con ancho variable entre 1 e 1,5 metros.
Outras melloras do proxecto incluirán a instalación de sistemas de drenaxe, a colocación de 14 luminarias LED para mellorar a visibilidade e a sinalización tanto vertical como horizontal da glorieta, así como a instalación dunha barreira de seguridade para reforzar a protección dos usuarios da vía. A Xunta prevé ter executadas as obras este mesmo ano, e ter avanzado o acto expropiatorio de levantamento de actas previas e fixada a formalización para o vindeiro 23 de marzo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preparativos para a XLIII Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Aba Sacra inicia unha nova tempada enoturística con novas propostas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss