A Guía Paadín outorga a Vacamulo, de Don Bernardino, por segundo ano consecutivo, o título de mellor tinto galego

Obteñen a máxima puntuación, Gran Ouro, Vacamulo 2020 e A Capona 2019 . Foto DB.

A adega Don Bernardino de Amandi, na D.O. Ribeira Sacra, continúa brillando no panorama vitivinícola galego. Na edición 2025 da Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia, a bodega colleita un total de 8 distincións, das cales destacan dous Gran Ouro, para os viños Vacamulo 2020 e La Capona 2019. A primeira, La Capona, é a última finca de Amandi que a bodega acaba de lanzar ao mercado, logrando un inicio espectacular cun Gran Ouro. Pola súa parte, Vacamulo, que xa foi galardoado en anos anteriores, volve a ser o tinto mellor puntuado de Galicia, o que reflicte a súa calidade e prestixio. A Guía Paadín describe Vacamulo 2020 como «o poderío da Ribeira Sacra»: un viño «intenso, profundo, insondable», con froita madura como ciruela roja, mora ou granada, e unha crianza sutil que se fai notar con notas de moca, bombón inglés e sándalo.
Diego Rodríguez, membro da 5ª Xeración de Don Bernardino, expresou a súa satisfacción polo recoñecemento. “Con Vacamulo levamos 3 anos no mercado e os tres anos foi Gran Ouro na Guía Paadín, sendo ademais o mellor tinto de Galicia nos dous últimos. Para nós, é un honor”, afirmou Rodríguez, que subliñou tamén a aposta da bodega por manter a súa vinculación cos mellores viños de Amandi e a súa aposta pola calidade.
Ademais dos dous Gran Ouro, a bodega tamén logrou outras distincións en Ouro+ para 5 viños tintos: Don Bernardino 2023, Don Bernardino 4ª Xeración 2020, Ibio 2021, Melanio La Capitana 2019 e Don Bernardino Finca Mezquita 2019. Rodríguez destacou que todos os tintos da bodega superaron a medalla de Ouro, o que demostra o alto nivel da zona de Amandi no contexto vitivinícola galego. A súa aposta por mellorar e dar valor aos grandes viños da Ribeira Sacra queda patente nos recoñecementos que están a recibir.
O palmarés de Don Bernardino na Guía Paadín 2025 complétase co Don Bernardino branco 2023, que tamén recibiu a medalla de Ouro.
A Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia é unha publicación anual, promovida polo enólogo e sumiller Luis Paadín e agora tamén polo seu fillo, Alejandro Paadín. Esta guía destaca pola súa rigurosidade nas catas, que se realizan a cegas, sen coñecer as etiquetas dos viños, o que outorga profesionalidade e credibilidade ás distincións outorgadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os viños da Ribeira Sacra brillan en VinEpaña 2025 e na Guía Paadín

Seguinte Nova

Monforte abre o Entroido 2025 cunha nova edición dos Xoves de Compadres e Comadres

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss