
A Pobrao do Brollón vivirá o Entroido cunha programación variada que arranca o sábado cun desfile que sairá ás 17:00 horas do cruce da estrada de Saa e finalizará na área recreativa Samugueiros. Es mesmo día en Salcedo haberá unha función de teatro popular ás 22:00 horas. A medianoite celebrarase un concerto do grupo 7rojo e, para pechar a noite, actuará un DJ.
En Salcedo o domingo 2, ás 16:30 horas, comezará a actuación de Aikirindo, seguida do pregón a cargo de Juan Fuentes, presentador do programa da TVG Quen anda aí?. E xa o luns 3, ás 17:00 horas, terá lugar o tradicional desfile do Oso de Salcedo, acompañado polas charangas Terras do Bibei, Mekanica Rolling Band e Duendeneta. A partir das 21:00h, haberá cea popular con food truck e verbena coa orquestra La Ocaband.
Os festexos pecharanse o día 4 con maxia a cargo de Trécola Producións ás 17:30 horas, seguida dunha cea popular de paella ás 21:00 h e baile coa orquestra Metrópolis.•