
O Tren Turístico Aba Sacra, con sede na parroquia de Doade, comeza o 28 de febreiro a súa nova tempada enoturística cunha excursión para 50 visitantes procedentes de Ponferrada. Como novidade, este ano ofrece un Pack Enoturístico, que inclúe un percorrido en tren, visita a unha bodega con degustación, xantar no Restaurante A Cantina, viaxe en catamarán coas empresas Viaxes Pardo e visita a un mirador. Este servizo, que leva 15 anos en funcionamento, foi crecendo de forma constante desde os seus inicios. No pasado 2024, máis de 10.000 viaxeiros valoraron a experiencia cunha media de 9,4 en Google, o que demostra o éxito e a aceptación entre os usuarios. O Tren Turístico de Aba Sacra segue sendo unha das principais atraccións enoturísticas na Ribeira Sacra, con gran demanda por parte de turistas e visitantes que buscan descubrir os encantos desta fermosa zona vitivinícola.•