Aberto o prazo para optar a tres vivendas sociais

O Concello da Pobra do Brollón mantén aberto o proceso de adxudicación de tres vivendas sociais situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, ao carón do colexio. As persoas interesadas poden presentar a solicitude ata o 16 de marzo no departamento de Servizos Sociais, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 09:00 a 11:00 horas.
Os requisitos inclúen ter ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM, non posuír outra vivenda en propiedade salvo excepcións, estar ao corrente das obrigas tributarias e levar un mínimo de tres anos empadroado no municipio. Ademais, por tratarse dun complexo integrado nunha área educativa, requírese un certificado do Ministerio de Xustiza que acredite a carencia de delitos de natureza sexual.
A información completa está dispoñible no BOP e na Sede Electrónica do Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón celebra o Entroido cunha ampla programación festiva

Seguinte Nova

Xornada medioambiental no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss