No tradicional concursos do Entroido monfortino participaron centros de ensino, asociacións e veciños de diferentes parroquias

O Xoves de Compadres 2025 arrancou en Monforte coas actividades programadas arredor do Entroido. Este ano, a Concellería de Cultura puxo en marcha tres modalidades de participación: centros de ensino, barrios e rúas do municipio, e un concurso individual na Praza de España.
Os premios deste ano aumentaron un 19% en relación a 2024, alcanzando un total de 25.000 €, cun incremento de 4.000 € na partida destinada aos premios. O Xoves de Compadres recibiu un incremento de 100 € en relación á edición anterior, sumando un total de 2.000 € en premios. O Alcalde de Monforte, José Tomé, destacou que o obxectivo é incentivar a participación e contribuír ó éxito do Entroido local.
Entre os gañadores destacan a Asociación Agora – Centro Ocupacional, que se alzou co primeiro premio en Barrios Colectivos, e Matilda Somoza González, que logrou o primeiro premio en Barrios Individual, co seu compadre “Labrego vai arrincar patacas á eira”. Ademais, o Colexio Ferroviario destacou na categoría de Centros de Ensino Colectivo co seu traballo sobre o 75 aniversario de Castelao.
Como é tradición, tras o anuncio dos gañadores, realizouse a queima do Compadre oficial, elaborado pola asociación Albores, pechando así unha xornada festiva que deu o pistoletazo de saída a un Entroido 2025 que terá continuidade durante toda a fin de semana.•