
O senador lucense José Manuel Barreiro anunciou que o Partido Popular presentará unha iniciativa no Senado para reclamar ao Goberno do Estado a creación dun paso que conecte ambas marxes da vía ferroviaria no lugar de Santo Estevo do Sil.
A demanda xorde tras unha xuntanza con veciños e co alcalde, José Luís Álvarez Blanco. Denuncian que o peche metálico instalado nas obras de modernización da liña Ourense-Monforte dificulta o acceso a vivendas e viñedos, obrigando a dar un longo rodeo por un camiño privado cunha forte pendente.
O PP sinala que a pesar de que os veciños recordan a existencia de tres pasos previos, un deles con barreiras, o Goberno nega esta versión e non prevé medidas correctoras.•