
Os viños da Ribeira Sacra continúan demostrando a súa calidade e prestixio no ámbito vitivinícola, cun total de 21 premios recibidos no Concurso Nacional de Viños VinEpaña 2025, celebrado en Zaragoza os días 12 e 13 de febreiro. Nesta edición, os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra conseguiu importantes recoñecementos en distintas categorías, destacando as Medallas Gran Ouro para Pazo de la Cuesta Pastoriza 2022 na categoría de Brancos Tranquilos e Guímaro Finca a Ponte 2021 na categoría de Tintos Tranquilos. Outros viños de renome tamén lograron Medallas de Ouro e Prata en categorías como Viños Blancos Tranquilos, Tintos Tranquilos e Variedades Minoritarias. Entre os galardoados figuran Pazo de la Cuesta Brancas 2023, Casa de Outeiro Subzona 2024, Guímaro San Pedro 2021, e Finca Míllara 2023, entre outros. Estes premios reflicten a calidade e diversidade dos viños da Ribeira Sacra, consolidando a súa presenza en eventos de relevancia internacional.
Ao mesmo tempo, a Guía de Viños, Destilados e Aguardentes de Galicia 2025, elaborada por Luis e Alejandro Paadín, tamén recoñeceu a excelencia dos viños da Ribeira Sacra, outorgando un total de 275 medallas. Destas, 29 foron para os viños Gran Ouro, destacando especialmente 5 viños brancos e 24 tintos. Na categoría Ouro+ premiáronse 15 viños brancos e 50 tintos, mentres que 139 viños, incluídos 8 rosados, foron recoñecidos coa Medalla de Ouro. Ademais, 42 viños recibiron Medallas de Prata. Estes galardóns consolidan a D.O. Ribeira Sacra como un referente no panorama vitivinícola nacional, resaltando a labor das adegas e a súa capacidade para ofrecer viños de alta calidade que continúan conquistando o recoñecemento de expertos e consumidores. Este ano, máis que nunca, os viños da Ribeira Sacra están a posicionarse como un dos grandes tesouros vitivinícolas do país.•