Pantón acollerá cursos de formación dixital para maiores de 55 anos

A Casa da Cultura de Pantón acollerá os días 12 e 26 de marzo un curso de formación en novas tecnoloxías dirixidos a maiores de 55 anos. Trátase dunha iniciativa do programa Expertclick, promovido pola Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB.
O curso terá unha duración de catro horas, repartidas en dúas sesións. O obxectivo é axudar ás persoas maiores a mellorar a súa independencia dixital, aprendendo a manexar Internet con seguridade, utilizar aplicacións de comunicación por videoconferencia, realizar trámites bancarios ou administrativos e facer compras en liña. Tamén se abordarán ferramentas de lecer dixital e uso de dispositivos móbiles.
Búscase facilitar a integración tecnolóxica dos maiores, que adquiran habilidades para comunicarse, realizar xestións e aproveitar as vantaxes que ofrece a tecnoloxía na súa vida cotiá.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón pechará o Entroido na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O PP demanda un paso sobre a vía en Santo Estevo do Sil

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss