Pantón pechará o Entroido na Ribeira Sacra

O Desfile de Disfraces e Carrozas o día 8 de marzo en Pantón despedirá o Entroido na Ribeira Sacra Foto GPCP.

O Concello de Pantón porá o broche final ao Entroido na Ribeira Sacra co tradicional Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas, que se celebrará o sábado 8 de marzo. O evento comezará ás 16:00 horas cun percorrido polas rúa de Ferreira e rematará na Praza do Concello, onde haberá unha chocolatada e baile para os participantes.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 7 de marzo ás 11:30 horas no Departamento de Cultura de Pantón, situado no segundo andar do Edificio Sociocultural. O horario de atención é de luns a venres de 10:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
O concurso contempla diversas categorías con premios en metadeiras de 300, 200 e 150 euros para grupos de 10 ou máis adultos, e de 180, 160 e 150 euros para comparsas infantís. Para os grupos de entre 5 e 9 integrantes, os premios serán de 150, 125 e 100 euros en adultos e de 100, 75 e 50 euros en infantís. Tamén haberá recoñecementos para individuais e parellas de ata 4 compoñentes, con importes de 100, 75 e 50 euros para adultos e de 50, 40 e 20 euros para infantís. Ademais, todas as comparsas con carroza recibirán 50 euros de axuda, e as de máis de 10 compoñentes contarán con 80 euros adicionais, non acumulables ao premio.
O xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de maior tamaño, ademais dunha persoa externa que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Os criterios de avaliación incluirán o vestiario e maquillaxe, a elaboración do disfrace, a posta en escena e a música. En caso de consideralo necesario, o xurado poderá deixar deserto algún premio ou conceder accésits.
Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile e serán ingresados nas contas bancarias correspondentes aos gañadores. Con esta celebración, Pantón reafirma o seu papel como o derradeiro gran escenario do Entroido na Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Dúo Métis ofrece un concerto de guitarra e saxo en Sober

Seguinte Nova

Pantón acollerá cursos de formación dixital para maiores de 55 anos

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss