Xornada medioambiental no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

O alumnado colaborou na repoboación de troitas no río Mao e participou en actividades de reciclaxe. Foto GPCB.

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda acolleu unha xornada medioambiental coa visita de seis axentes da Comarca de Lemos. A actividade iniciouse cunha saída ao río Mao, onde o alumnado de Infantil e Primaria participou na solta de 900 troitas para a súa repoboación.
De volta ao centro, os nenos e nenas descubriron os vehículos empregados polos axentes, incluída unha barca. Xa na biblioteca, asistiron a unha charla sobre reciclaxe, xestión de residuos e conservación da natureza. O alcalde, José Manuel Arias, sumouse á visita e agradeceu á dirección do colexio a organización da xornada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para optar a tres vivendas sociais

Seguinte Nova

O Obradoiro de Emprego traballa na entrada do cemiterio de Bóveda

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss