A intervención, cun orzamento de máis de 560.000 euros, busca solucionar problemas de estanquidade e deterioro na estrutura da igrexa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de adxudicar as obras de restauración da cúpula da igrexa do Colexio do Cardeal en Monforte de Lemos por un importe de 560.822 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o inmoble e anunciou que a resolución xa foi publicada na plataforma de contratación pública de Galicia. A actuación busca corrixir as deficiencias estruturais detectadas na cúpula, afectada por problemas de filtracións de auga que comprometen a súa conservación.
Os estudos estruturais realizados ata o momento indican que a estabilidade da cúpula non está comprometida, mais antes de iniciar os traballos avaliarase o impacto das estadas necesarias para a intervención. Tamén se realizará un estudo petrolóxico para determinar o grao de deterioro dos materiais e garantir unha restauración adecuada.
rampados metálicos e cableado. Estas melloras contribuirán a preservar este inmoble histórico, declarado Ben de Interese Cultural en 2021.
A cúpula da igrexa do Colexio do Cardeal presenta gretas provocadas polo terremoto de Lisboa de 1755, así como danos causados por un raio nos anos 80 do século pasado. As obras previstas buscan garantir a súa conservación e asegurar a estabilidade desta construción emblemática de Monforte de Lemos.•