A agrupación Ribeira Sacra Next reúnese co delegado da Xunta en Lugo

Severino Rodríguez e Javier Arias durante a reunión que mantiveron na Delegación da Xunta en Lugo. Foto GPXG.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario da agrupación de empresas Ribeira Sacra Next, Severino Rodríguez, para avaliar vías de cooperación no marco do plan estratéxico da entidade, presentado en febreiro. Arias valorou positivamente a iniciativa, que nace do tecido produtivo local, e subliñou que ambos comparten o obxectivo de incentivar o desenvolvemento económico e demográfico da Ribeira Sacra. O delegado instou a manter aberto o diálogo entre as partes para optimizar os recursos que ofrece a Xunta, como subvencións e programas de asesoramento e acompañamento ao emprendemento e á expansión empresarial. Neste contexto, lembrou que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de activar axudas por un importe de 172 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Miguel Corgos destaca o esforzo na convocatoria de prazas de emprego público

Seguinte Nova

A economía galega medra un 2,9% no cuarto trimestre de 2024

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss