
A economía galega experimentou un crecemento do 2,9% no cuarto trimestre de 2024 en relación ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos da contabilidade trimestral do Instituto Galego de Estatística (IGE). Neste último tramo do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) autonómico aumentou un 0,8% en termos intertrimestrais, pechando o ano cunha subida do 2,8%.
A demanda interna tamén mostrou boas cifras, cun aumento do 3,8% na formación bruta de capital e un 3,7% nas exportacións de bens e servizos. Pola súa parte, as importacións subiron un 1,7%, e o gasto en consumo final creceu un 1,4%. No lado da oferta, o sector construtivo destacou cun crecemento do 6,0%, mentres que os servizos medraron un 3,7%, con especial relevancia para comercio, transporte e hostalería, que incrementaron un 5,8%.
En canto ao emprego, a economía galega sumou 10.577 postos de traballo no cuarto trimestre, un 1,0% máis que no mesmo período de 2023. O sector servizos experimentou un aumento do 1,4%, seguido da construción, que creceu un 1,0%. Pola contra, o sector primario viu unha diminución do 3,3%.
Por outra parte, segundo o
Indicador Abanca-Foro de Coyuntura Económica de Galicia destaca tamén o bo comportamento do sector da automoción e a boa marcha da cifra de negocios na industria, mentres que o turismo rexistrou un incremento do 5% en comparación co último mes de 2023. A pesar de todo, as importacións mantiveron a súa evolución negativa.•