A Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller cun acto institucional

Noelia Besteiro leu un manifesto de reafirmación dos dereitos das mulleres e a igualdade. Foto GPCAPB.

O venres 8 de marzo, o Concello da Pobra do Brollón organizou un acto institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller. A veciñanza congregouse diante da Casa do Concello ao mediodía, onde a concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro, leu un manifesto no que se reafirmou o compromiso do municipio cos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero. No seu discurso, Besteiro destacou a importancia de seguir avanzando na busca dunha sociedade sen violencia, libre de medos, na que todas as persoas poidan acceder a unha vida digna, un emprego de calidade e vivir a maternidade de maneira elixida. A concelleira subliñou a protección da infancia e a adolescencia como prioridade, asegurando un futuro mellor. A mocidade e a súa educación foron tamén puntos chave do manifesto, facendo fincapé na importancia de garantir un desenvolvemento libre de discriminacións. O Concello de A Pobra do Brollón reafirmou o seu compromiso de loitar pola igualdade de xénero e polo benestar de todas as mulleres e nenas, co obxectivo de facelas protagonistas do seu presente e futuro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón pecha o Entroido cun multitudinario desfile de comparsas

Seguinte Nova

En marcha un servizo de WhatsApp sobre os eventos do Concello

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss