A XXV Mostra do Aceite de Quiroga incorpora un congreso e nomeará o seu primeiro embaixador

O Muíño de Aceite de Bendilló funcionará para que os visitantes poidan coñecer o proceso tradicional de elaboración do aceite. Foto ARQUIVO.

A XXV Mostra do Aceite de Quiroga chega con novidades, entre as que destacan a celebración do “II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga”, a dobre localización das actividades e a creación da figura do “Embaixador do Aceite de Quiroga”.
O congreso terá lugar o sábado 29 no Auditorio Municipal, desde as 17:00 horas, con intervencións de expertos do sector. Alfonso Rodríguez Udías, presidente da APAAG, abordará a situación do cultivo da oliveira en Galicia, mentres que a científica do CSIC Carmen Martínez falará sobre novas variedades autóctonas. Ana Belén Crujeiras Martínez, investigadora do IDIS, e o chef Kike Piñeiro analizarán os beneficios do aceite de oliva extra na alimentación saudable. O evento concluirá cunha demostración culinaria con aceite de Quiroga a cargo dos chefs Gerson Iglesias, Diego Domínguez e Maica Couto. O grupo O Recanto poñerá o peche musical.
O domingo 30 a mostra terá unha dobre localización. A partir das 11:00 horas, os postos de venda instalaranse na praza do Auditorio Municipal, con actividades complementarias nas instalacións municipais. Ademais, o Muíño de Aceite de Bendilló funcionará para que os visitantes poidan coñecer o proceso tradicional de elaboración. Haberá autobuses gratuítos desde a praza do Auditorio ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas.
Sete olivicultores participarán na mostra, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento. Todos cumpriron os requisitos de rexistro sanitario e produción mínima de 200 litros de aceite.
Para conmemorar os 25 anos do evento, organizaranse degustacións dos aceites participantes na sala de catas do Museo Etnográfico ás 12:00, 13:00 e 16:30 horas. Outra das grandes novidades será a figura do Embaixador do Aceite de Quiroga. Ás 13:30, o chef Kike Piñeiro será nomeado o primeiro embaixador e, a continuación, ofrecerá unha demostración culinaria co aceite como protagonista.
O recinto feiral da Mostra contará coa animación musical do grupo de música tradicional “O Ventosiño”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Cantos de Taberna volven con nove grupos e nove locais

Seguinte Nova

Fernando Romay será o pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss