Fernando Romay será o pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Quiroga

O exxogador internacional de baloncesto abrirá a festa que se celebrará os días 19 e 20 de abril. Foto RTMQ.

A XLIII Feira do Viño de Quiroga contará co exxogador internacional de baloncesto Fernando Romay como pregoeiro. O deportista, que destacou no Real Madrid entre 1976 e 1993, acadou numerosos títulos, incluíndo sete Ligas ACB, cinco Copas do Rei e dúas Copas de Europa. Foi parte fundamental da selección española que logrou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984.
Fernando Romay posúe o récord de partidos con 100 % de acerto en tiros na ACB. Nos últimos anos colaborou en programas de televisión e apoia diversas organizacións. Será o encargado de dar inicio á tradicional festa do viño en Quiroga, que se celebrará os días 19 e 20 de abril.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XXV Mostra do Aceite de Quiroga incorpora un congreso e nomeará o seu primeiro embaixador

Seguinte Nova

Lucía Pérez será a pregoeira da XLV Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss