
A Asemblea Local do BNG de escolleu a Manuel Luaces como responsable local, xunto cun Consello renovado que combina experiencia e novas incorporacións. O órgano estará integrado por Candela López, Emilio Sánchez, Rosana Somoza, Alan Damián, Chelo Díaz, Xosé Lois Cortés, María Luísa López e Gabriel Díaz.
Luaces destacou como obxectivos prioritarios o aumento da militancia, a dinamización do local con actividades abertas á cidadanía e a consolidación do BNG como unha forza clave en Monforte. Chamou á participación da militancia e á unidade.
Recoñeceu o labor do Consello saínte, especialmente o de Iván Merayo, cuxo esforzo e dedicación foron fundamentais para o fortalecemento da organización a nivel local e comarcal. •