
O alumnado de 1º da ESO par. Foto IXAG.
O alumnado de 1º da ESO participou nunha actividade de aprendizaxe-servizo dentro do programa «Sen vandalismo», promovido pola Fundación Barrié en colaboración coa Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). A campaña, denominada «Sarria sobre rodas», estivo centrada na concienciación sobre o bo uso das bicicletas e dos patíns eléctricos.
Acompañados pola Policía Local, os estudantes situáronse nas entradas do CEIP Frei Luís de Granada e do IES Xograr Afonso Gómez, onde informaron aos máis pequenos sobre a importancia de cruzar a rúa polo paso de peóns. Ademais, explicaron a normativa viaria aos usuarios de patíns eléctricos e bicicletas.
A actividade continuou na biblioteca do colexio de educación primaria, onde os participantes realizaron unha presentación sobre educación viaria. Durante a sesión, abordaron o significado dos sinais de tráfico e os comportamentos cívicos necesarios para evitar accidentes. A xornada completouse cunha serie de xogos didácticos que reforzaron o coñecemento das normas básicas de seguridade viaria.•