O Desfile de Comparsas de Chantada reuniu a máis de 300 persoas

As comparsas locais e de diferentes concellos competiron na rúa, cunha gran afluencia de público que tivo a súa cita na Praza de Galicia. Foto GPCCH.

O pasado sábado 1 de marzo, máis de 300 persoas participaron no Desfile de Comparsas de Chantada, que deu inicio ás 18:00h. desde o barrio da Domuvi. O percorrido contou co Entroido Ribeirao ao frente, seguido de nove comparsas de diversos concellos como Chantada, Antas de Ulla, Carballiño, Sarria, Rodeiro, Monforte de Lemos, Maside e Amoeiro.
O desfile finalizou na carpa instalada na Praza de Galicia, onde as comparsas realizaron as súas representacións. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e o seu equipo de goberno foron os encargados de entregar os premios, que sumaron un total de 6.000€.
Os gañadores foron Tropical Show (Chantada) na categoría Infantil Local e “O mar ao son de Dacón” (Maside) na categoría de Comparsas Adultos Xeral. A xornada rematou cunha verbena á que tamén contribuíu a orquestra La Travesía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada celebrou con éxito a 42ª Feira do Viño

Seguinte Nova

Os Cantos de Taberna volven con nove grupos e nove locais

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss