
O Grupo Municipal do PP de Monforte volve a denunciar os cortes no subministro de auga no municipio, a pesar dos anuncios feitos polo alcalde, José Tomé, sobre a renovación das tubaxes. A voceira popular, Katy Varela, indicou que, a pesar de que se realizara recentemente a substitución da tubaxe xeral de fundición, algúns veciños das zonas de Morín e A Estación continúan a sufrir cortes, como aconteceu onte, cando a empresa confirmou que a causa foi unha nova rotura na rede. Varela criticou que as actuacións na rede de abastecemento non son suficientes para garantir un servizo adecuado.
SENADORES DO PP INTERÉSANSE POLA AUTOVÍA A PONFERRADA
Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, presentaron unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno de Sánchez sobre o proxecto da autovía A-76, que conectará Ourense e Ponferrada. Interesáronse polo estado de cada tramo da infraestrutura e as previsións do Executivo para a súa execución. Os populares subliñaron a importancia desta vía para mellorar a comunicación nas comarcas de Lemos e Valdeorras.•