O Terra Brava anuncia a súa primeira confirmación para a edición de 2025

Foto FTB

O Festival Terra Brava comeza a revelar o cartaz da súa edición de 2025 coa confirmación de Sacha na Horta, banda gañadora do Apolo Ghit. A banda, integrada por músicos de Os Festicultores, A Matraca Perversa e Os Galegoz, actuará no Incio tras varios intentos da organización por contar coa súa presenza.
O evento, que se celebra cada verán, consolidouse como unha referencia na música en galego. Ao longo das súas edicións, por el pasaron destacados grupos do panorama galego, ofrecendo un espazo de festa e reivindicación cultural. Cunha programación que combina concertos, obradoiros e actividades ao aire libre, o Terra Brava medrou ano tras ano, converténdose nun punto de encontro para amantes da música e da cultura popular.
Nos vindeiros días anunciarase o cabeza de cartaz desta nova edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acolle unha mesa redonda sobre a presenza das mulleres na seguridade pública

Seguinte Nova

O alumnado de 1º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez participa na campaña «Sarria sobre rodas»

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss