Os Cantos de Taberna volven con nove grupos e nove locais

A VIII edición do evento celebrarase o sábado 15 de marzo cunha gran foliada final na rúa Lago. Foto RTMQ.

Os Cantos de Taberna regresan o sábado 15 de marzo cun total de nove grupos inscritos e nove establecementos participantes. As actuacións comezarán ás 18:30 horas e percorrerán distintos locais antes da gran foliada final na praza da rúa Lago.
Os grupos participantes nesta edición chegan desde diversos puntos e inclúen Son do Mao, Nubeiro Son Galego, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló. Pola súa banda, os establecementos que acollerán as actuacións serán Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o bar Lago.
Cada grupo disporá de aproximadamente media hora para interpretar un repertorio de libre elección, con especial protagonismo para a música popular e tradicional. Ademais, a organización entregará unha axuda económica a cada formación para consumir nos locais participantes, que, á súa vez, ofrecerán tapas e pinchos aos músicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Desfile de Comparsas de Chantada reuniu a máis de 300 persoas

Seguinte Nova

A XXV Mostra do Aceite de Quiroga incorpora un congreso e nomeará o seu primeiro embaixador

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss