Pantón acolle a primeira proba do Nacional de Enduro

Pantón reunirá os mellores pilotos da especialidade de Enduro nun circuíto pensado para facilitar o seguimento do público.Foto GPCP.

O Concello de Pantón converterase esta fin de semana no epicentro do enduro coa celebración da primeira proba do Campionato de España, organizada polo MotoClub A Peroxa en colaboración co Concello e outras entidades. Con máis de 150 pilotos inscritos, a cita bate récords de participación na última década, destacando a presenza de case 30 galegos e dunha ducia de habituais do circuíto mundial.
A proba foi presentada esta semana coa asistencia do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; a concelleira de Deportes, Cristina Domínguez; o xefe do servizo provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero; Javier Quintas, do MotoClub A Peroxa; e representantes do monte veciñal de Eiré e da adega Finca Míllara, polas que discorren os circuítos.
A competición dará comezo o sábado 15 de marzo ás 10:00 horas desde a Praza do Concello, e o domingo arrancará ás 9:00 horas. Os pilotos deberán completar catro voltas aos tres circuítos deseñados para a ocasión: Monte de Eiré, Ferreiroá e Monte Baliño. A entrega de premios está prevista para as 17:00 horas en ambas xornadas.
O percorrido está pensado para facilitar o seguimento do público, cunha distancia de 600 metros entre dous dos puntos máis destacados: o Pazo de Ferreiroá e a contorna do Colexio Monte Baliño. A terceira especial, situada na comunidade de montes de Eiré, no alto de Guítara, é descrita pola organización como “a mellor do Campionato de España”, ofrecendo un espectáculo único.
Javier Quintas destacou a calidade do trazado, no que os espectadores poderán seguir a carreira con comodidade, xa que os circuítos están moi próximos ao asfalto e permiten unha ampla visibilidade. Pola súa parte, Manuel Otero subliñou a importancia de eventos como este para a promoción deportiva e turística da Ribeira Sacra. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez anima á participación da xente e desexa poder seguir contando no futuro con esta celebración que atrae cada ano a Pantón a centos de visitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober e a Xunta de Galicia avanzan en proxectos culturais e patrimoniais

Seguinte Nova

Pantón conta cunha nova vivenda pública grazas ás axudas autonómicas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss