Pantón conta cunha nova vivenda pública grazas ás axudas autonómicas

A conselleira entregou unha vivenda renovada ao abeiro deste programa de rehabilitación municipal. Foto GPXG.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou en Pantón un inmoble rehabilitado coas axudas destinadas á recuperación de edificacións municipais. Durante a súa visita, fixo entrega dunha destas vivendas a unha veciña que a desfrutará en réxime de alugueiro.
Este programa non só permite crear novos fogares de vivenda pública, senón que tamén favorece o asentamento poboacional en concellos de menos de 30.000 habitantes. A nova convocatoria manterase aberta ata o 3 de xuño ou ata esgotar o crédito dispoñible.
As axudas cobren ata o 95 % do custo das obras, cun máximo de 50.000 euros por vivenda, ampliables a 55.000 se están na Ribeira Sacra ou nos Camiños de Santiago, e ata 57.000 se se atopan nunha área Rexurbe. O pasado ano rehabilitáronse 27 vivendas públicas para alugueiro e espérase incrementar esta cifra en 2025.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolle a primeira proba do Nacional de Enduro

Seguinte Nova

Pantón pecha o Entroido cun multitudinario desfile de comparsas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss