
A Capela do Divino Ecce-Homo de Rubián acollerá o 23 de marzo unha peregrinación no marco do Ano Xubilar 2025, baixo o lema ‘Peregrinos de Esperanza’. A xornada comezará ás 11:15 horas coa celebración do Perdón e da Misericordia de Deus, seguida pola Eucaristía ás 12:30 horas, presidida polo Bispo Monseñor Alfonso Carrasco Rouco. A organización do evento solicita confirmación de asistencia nos teléfonos 670887732 (José Luis), 649545984 (Miguel) e 669385774 (Julio).•