
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo esta mañá en San Caetano un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández, para abordar diferentes proxectos en materia cultural e patrimonial. Durante a xuntanza avanzouse na programación de actividades culturais, na conservación do patrimonio e en intervencións arqueolóxicas de especial relevancia para o municipio.
Outro dos puntos centrais da reunión foi a candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga a patrimonio mundial da Unesco, unha distinción á que aspira este territorio formado por 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense. Tanto a Xunta como o Concello de Sober mostraron a súa confianza en que este recoñecemento se faga realidade no ano 2026.• (Foto GPXG)