3CUMIOS emprende a ascensión ao Huascarán en 2025 para levar o nome da Ribeira Sacra á cima do mundo

Foto GPCP

O equipo de alpinistas 3CUMIOS, formado por Manuel Vieitez (Sober), Tomás Porto (Pantón) e José Manuel Prieto (Monforte de Lemos), afrontará en xullo de 2025 a súa maior aventura: a ascensión ao Huascarán, na Cordilleira Blanca de Perú. Con 6.768 metros de altitud, esta montaña representa un desafío extremo para os tres galegos, pero tamén unha oportunidade para levar o nome da Ribeira Sacra a nivel global. O proxecto conta co apoio de diferentes institucións, como o Concello de Sober, a Xunta de Galicia e a Diputación de Lugo.
A expedición forma parte do ambicioso proxecto 3 Cumbres, que busca conquistar tres montañas icónicas en tres continentes diferentes. A ascensión ao Huascarán, un desafío que require unha preparación física e mental exhaustiva, será a primeira parada desta travesía.
A expedición tamén ten un compromiso con as comunidades locais, pois destinarán o 10% das achegas para promover o deporte na rexión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober presenta a programación da XLV Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Ermitas Fernández celebra os seus 100 anos rodeada da súa familia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss