A Deputación de Lugo inaugura a tempada 2025 das rutas fluviais da Ribeira Sacra cun incremento do 22% nas reservas

Na viaxe inaugural participaron diversas autoridades, entre elas o Alcalde e a primeira tenente de alcalde de Monforte, e os representantes dos concellos de Sober e Castro Caldelas. Foto GPDL.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, inaugurou a tempada 2025 das rutas fluviais da Ribeira Sacra, un dos principais atractivos turísticos da provincia. A nova tempada comeza cunha gran expectación, rexistrando un incremento do 22% nas reservas en comparación co mesmo período de 2024. Durante o acto, Tomé destacou a importancia deste servizo como motor económico para a comarca, favorecendo o turismo, a hostalería e o comercio local.
Na viaxe inaugural, que percorreu os Canóns do Sil, participaron diversas autoridades, entre elas a primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, e os representantes dos concellos de Sober e Castro Caldelas. O presidente da Deputación subliñou que as rutas fluviais ofrecen unha perspectiva única da paisaxe e do patrimonio cultural da Ribeira Sacra, consolidándose como unha das propostas turísticas máis atractivas de Galicia.
A tempada arrinca cun total de 15.453 reservas, unha cifra que reflicte o crecemento da demanda. O servizo manterá as dúas rutas habituais: a do Canón do Sil, con saída desde o embarcadoiro da Deputación en Ponte do Sil, e a do Cabo do Mundo, con inicio en Belesar Pobo, no Saviñao. Ambas terán unha duración aproximada de dúzas horas.
O servizo contará con distintas embarcacións: na ruta do Canón do Sil, haberá dúa travesías diarias con 159 prazas dispoñibles, mentres que a ruta do Cabo do Mundo terá unha capacidade de 63 pasaxeiros. O calendario está estruturado para garantir a dispoñibilidade durante os meses de maior demanda, operando de xeito continuado na Semana Santa e durante o verán, con servizo de luns a domingo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. A partir de outubro, as viaxes reduciranse progresivamente.
Para adquirir billetes, os interesados poden realizar a súa reserva a través da páxina web reservas.rutasembalses.es.A Deputación manifesta o seu compromiso cun modelo de turismo sostible que favoreza o desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación solicita un plan integral para recuperar servizos no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Sacra Experience reforza a súa aposta pola arte e a cultura na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss