A Deputación solicita un plan integral para recuperar servizos no Hospital de Monforte

O Pleno aproba instar á Xunta a reforzar o centro sanitario con máis persoal, investimentos e a reparación do mamógrafo, co apoio de PSOE e BNG e o voto en contra do PP. Foto ARQUIVO.

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta impulsada polo Grupo Provincial Socialista para demandar á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan Integral de dotación e recuperación de servizos para o Hospital de Monforte. A iniciativa contou co respaldo do BNG e o rexeitamento do Partido Popular. A proposta busca poñer fin á situación de precariedade deste centro sanitario, que atende a máis de 42.000 persoas na Ribeira Sacra.
A voceira do Goberno provincial, Pilar García Porto, denunciou a carencia de profesionais en especialidades clave como Hematoloxía, Pediatría ou Radioloxía, así como a falta de cobertura de baixas e vacacións. Tamén sinalou a avaría do mamógrafo desde xuño de 2024, obrigando ás pacientes a desprazarse ao HULA. A Deputación reclama a reparación do equipo, a cobertura de prazas vacantes e investimentos reais que garantan unha atención sanitaria digna na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festival de Semana Santa

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo inaugura a tempada 2025 das rutas fluviais da Ribeira Sacra cun incremento do 22% nas reservas

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss