
O Parador de Monforte de Lemos acolleu o pasado venres 21 de marzo o obradoiro Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola, unha iniciativa organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa CEL. Participaron destacados expertos do sector, que abordaron o impacto da intelixencia artificial, a dixitalización e a visión por computador na mellora da produtividade e calidade dos viños.
A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, asistiu en representación do rexedor José Tomé Roca, acompañada polo concelleiro José Luis Losada. Prada destacou a importancia destas iniciativas para a innovación no viñedo, especialmente na Ribeira Sacra.
A xornada incluíu relatorios de expertos como Javier Tardáguila Laso, catedrático de Viticultura de Precisión da Universidade de La Rioja, e intervencións de profesionais do sector como Miguel Tubio, Pablo Franco e Alfonso Losada.•