A XI edición do Concurso Semente Ribeira Sacra busca proxectos para impulsar o medio rural

Finalistas da pasada edición. Foto Arquivo.

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra a súa undécima edición co obxectivo de apoiar o emprendemento e promover proxectos innovadores que contribúan ao desenvolvemento do medio rural e á valorización dos recursos da Ribeira Sacra. A convocatoria está aberta a persoas de calquera lugar, aínda que se priorizan as iniciativas vinculadas ao territorio.
Nesta edición, o certame repartirá 20.000 euros en premios: 10.000 euros para o primeiro clasificado, 6.000 para o segundo e 4.000 para o terceiro. Ademais, os dez proxectos finalistas poderán participar nun plan formativo que se desenvolverá no primeiro semestre de 2026.
O prazo para presentar ideas está aberto desde o 15 de marzo ata o 31 de maio, a través da web sementeribeirasacra.org, cunha inscrición gratuíta. As propostas deberán incluír un título, unha descrición xeral, a oportunidade do proxecto, puntos fortes e un calendario de implantación.
O xurado publicará o 23 de xullo a listaxe cos dez proxectos seleccionados, que terán ata o 30 de setembro para entregar a documentación final. A defensa pública das iniciativas e a entrega de premios realizaranse o 8 de novembro no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Estase Cocendo 2025 arranca coa súa 17ª edición no Centro do Viño

Seguinte Nova

Aberto o prazo de solicitude dos premios para deportistas individuais

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss