
Foto RTMQ.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu no Concello de Quiroga a Xunta Local de Seguridade para coordinar as medidas de seguridade para a XXV Mostra do Aceite e a XLIII Feira do Viño de Quiroga. A reunión, na que participaron tamén o alcalde José Luis Rivera e representantes das forzas de seguridade, tivo como obxectivo garantir o correcto desenvolvemento dos eventos, que atraerán a miles de visitantes nos próximos días. A subdelegada destacou o compromiso das forzas de seguridade e o labor do Concello na promoción destas citas gastronómicas. Tamén se abordou a seguridade nas zonas de maior afluencia de persoas e vehículos, coordinando os labores dos corpos de seguridade e emerxencias.•