
Ermitas Fernández, veciña de Ceceda en Doade, cumpriu 100 anos rodeada dos seus seres queridos. A cumpridora idade foi festexada co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que lle fixo entrega dun agasallo institucional. Ermitas, a última supervivente dos seus oito irmáns, procede dunha familia de longa esperanza de vida, con parentes que superaron os 100 anos. Toda a súa vida transcorreu en Sober, agás unha viaxe a Asturias. Sober conta actualmente con dez centenarios.•