Fayez Badawi achega a Monforte unha visión de primeira man da resistencia palestina

O activista palestino compartiu o seu testemuño sobre a loita do pobo palestino nun acto no Centro do Viño. Foto BNGM.

O Centro do Viño acolleu unha palestra organizada por Mar de Lumes e A.C. A Xacia, na que o activista e exportavoz da Fronte Popular pola Liberación de Palestina, unha organización laica e marxista-leninista que é parte da OLP, Fayez Badawi compartiu o seu testemuño sobre a loita do pobo palestino.
Badawi denunciou a opresión e violencia que sofre Palestina, destacando a complicidade das potencias occidentais na perpetuación do conflito. A súa intervención puxo en valor a importancia da solidariedade internacional para visibilizar a inxustiza e apoiar a resistencia do pobo palestino.
Ao final do acto, tivo lugar un coloquio aberto no que o público puido profundizar na situación actual e reflexionar sobre o papel da sociedade na loita polos dereitos do pobo palestino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rey celebra con éxito a I Feira de Formación Profesional

Seguinte Nova

Rapa, a gran vencedora nos XXIII Premios Mestre Mateo con once galardóns

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss